
DÉPOR ABANCA · 20 AGOSTO 2026
ÚLTIMA PROBA DO VERÁN PARA O DÉPOR ABANCA, ESTE VENRES 21 DE AGOSTO ANTE O RÍO AVE FC EN VILA DO CONDE
O Dépor ABANCA disputa este venres 21 de agosto o seu último exame de pretemporada antes de arrancar a Liga F o sábado 29 de agosto ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Sevilla FC.O seu rival será o Río Ave FC da Primera División de Portugal.O encontro xogarase a porta pechada no Estadio dos Arcos, na localidade lusa de Vila do Conde, a partir das 16:00 (17:00 hora galega).As Nosas recibiron este xoves 20 de agosto a noticia da convocatoria de Marisa e Ainoa Gómez para o Mundial sub-20 de Polonia. É unha boa noticia porque as dúas representarán ao Dépor ABANCA na máxima competición a nivel de seleccións pero mala porque Alberto Rodríguez podería perdelas ata nos 5 primeiros partidos de liga.Ambas, que estiveron varios días concentradas con España entre Los Ángeles de San Rafael e a Ciudad del Fútbol, están á disposición do equipo este venres ante o Río Ave FC. Non así Merle Barth, que segue con unhas molestias na planta do pé.O conxunto deportivista chega ao choque tras unha derrota máis que digna ante o Real Madrid CF (2-1) o pasado domingo na Ciudad Deportiva Real Madrid.

Pola súa banda, o Río Ave FC rematou a pasada campaña (2025-26) na 8ª posición e salvou a categoría nun decisivo play off de descenso fronte ao Gil Vicente FC.Unha vez rematado o encontro, As Nosas adestraranse de novo o sábado 22 de agosto ás 11:00 no Dépor Training Center.


As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana ...

O encerado, protagonista na preparación do Dépor para visitar...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Lucía Rivas: "Nótase tamén no campo que estamos moi unidas"

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...