RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana de pretemporada antes de comezar "moi ilusionadas" a liga

DÉPOR ABANCA · 22 AGOSTO 2026

AS NOSAS CONCLUÍRON ESTE SÁBADO 22 DE AGOSTO A ÚLTIMA SEMANA DE PRETEMPORADA ANTES DE COMEZAR "MOI ILUSIONADAS" A LIGA

Cun último adestramento no campo de herba sintética de Abegondo, o Dépor ABANCA puxo fin este sábado 22 de agosto á pretemporada.Alberto Rodríguez, técnico deportivista, concedeu este domingo 23 e luns 24 de agosto descanso ás súas futbolistas antes de comezar o martes 25 ás 11:00 a preparar o primeiro partido de liga, o sábado 29 de agosto ás 12:00 (Dazn, Teledeporte e RTVE Play) ante o Sevilla FC en ABANCA-RIAZOR.

luciarivas0822.jpg

Lucía Rivas confesou en Portugal ao concluír o último amigable de preparación que "estamos todas moi ilusionadas. Xogar en ABANCA-RIAZOR é súper bonito. Comezamos a temporada con moita ilusión, con moitas ganas".Advirte, non obstante, que o Sevilla FC "é un gran rival, pero estamos máis que preparadas para gañarlles".A internacional deportivista quixo tamén "animar a todo o mundo a que veña a ABANCA-RIAZOR" nesta primeira cita da Liga F.