
DÉPOR · 22 AGOSTO 2026
O ENCERADO, PROTAGONISTA NA PREPARACIÓN DO DÉPOR PARA VISITAR LA ROSALEDA
O Dépor acelera a preparación do seu próximo compromiso de LaLiga EA Sports e pon xa os seus 5 sentidos en La Rosaleda, onde Os Nosos se enfrontarán ao Málaga CF este luns 24 de agosto, a partir das 21:30 horas (Dazn), na 2ª xornada de liga.A sesión deste sábado 22 de agosto no Dépor Training Center tivo como principal protagonista o encerado.Tras repasar o encontro ante o Elche CF do pasado luns, cuxas mellores imaxes podes ver nun vídeo ao pé destas liñas, o corpo técnico de Antonio Hidalgo centrou o traballo sobre o céspede na execución de diferentes accións de estratexia.
O cadro traballou estas situacións no campo 2 antes de pechar a sesión cun partido, nunha xornada xa orientada de maneira específica ao duelo do luns en terras malagueñas.Kevin e Quique Teijo foron os representantes de #ANOSACANTEIRA no adestramento do primeiro equipo masculino.Os Nosos completarán este domingo 23 de agosto, a partir das 10:00 horas, a última sesión de traballo no Dépor Training Center antes de emprender pola tarde a viaxe a Málaga.

As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana ...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Lucía Rivas: "Nótase tamén no campo que estamos moi unidas"

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...