
DÉPOR ABANCA · 22 AGOSTO 2026
OS ABONADOS E ABONADAS XA PODEN RETIRAR A SÚA INVITACIÓN OBRIGATORIA PARA O DÉPOR ABANCA - SEVILLA FC DO SÁBADO 29 DE AGOSTO ÁS 12:00 EN ABANCA-RIAZOR
Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obrigatoria premendo nesta ligazón e na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) para o Dépor ABANCA - Sevilla FC do sábado 29 de agosto ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 1ª xornada da Liga F.O horario da OAD é de luns a xoves 30 de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00; e o venres de 9:15 a 14:00 horas.Como é tradicional, para asistir aos partidos de As Nosas é necesario ter pagado no abono da temporada 2026-27 un suplemento.Atendendo ás recomendacións do Regulamento de Televisión da competición, só se poderán adquirir entradas de Preferencia Inferior e iranse abrindo bancadas a medida que se vaian ocupando.En caso de climatoloxía adversa, permitirase o acceso á Preferencia Superior a aqueles afeccionados que o soliciten.O prezo da entrada para o público é de 10 euros.

As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana ...

O encerado, protagonista na preparación do Dépor para visitar...

Lucía Rivas: "Nótase tamén no campo que estamos moi unidas"

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...