
DÉPOR ABANCA · 21 AGOSTO 2026
FIN A UNHA ESIXENTE PERO POSITIVA PRETEMPORADA DO DÉPOR ABANCA
Finalizado o encontro no Estadio dos Arcos de Vila do Conde, As Nosas adestraranse de novo este sábado 22 de agosto a partir das 11:00 no Dépor Training Center.Co debut ligueiro o sábado 29 de agosto ás 12:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Sevilla FC, As Nosas puxeron en Portugal ante o Río Ave FC o punto e final á pretemporada.Foron en total 5 amigables con 4 rivais da máxima categoría (2 de España e 2 de Portugal) e un de Segunda Federación, o Sporting de Gijón.O Dépor ABANCA gañou 3 partidos, empatou 1 e perdeu outro, neste caso pola mínima e na casa do poderoso Real Madrid CF.O balance goleador é claramente favorable: 14 tantos anotados e 3 encaixados.Millene, con 4 dianas, foi a pichichi do verán; seguida por Lucía Pardo e Lucía Rivas, ambas con 2 goles.Tamén viron porta Espe Pizarro, Redru, Paula Hernández, Eva Dios e Ainoa Gómez.Fin do verán para o Dépor ABANCA, que comeza o verdadeiramente importante, a 3ª temporada consecutiva na Liga F.Os resultados dos amigables foron os seguintes:Athletic Club 0 - Deportivo ABANCA 0Deportivo ABANCA 9 (Lucía Rivas, Lucía Pardo, Espe Pizarro, Millene -3-, Redru, Paula Hernández e unha futbolista rival en propia meta) - Sporting de Gijón 0Deportivo ABANCA 2 (Millene e Eva Dios) - FC Porto 0Real Madrid CF 2 - Deportivo ABANCA 1 (Lucía Pardo)Río Ave FC 1 - Deportivo ABANCA 2 (Lucía Rivas e Ainoa Gómez)

As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana ...

O encerado, protagonista na preparación do Dépor para visitar...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Lucía Rivas: "Nótase tamén no campo que estamos moi unidas"

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...