
DÉPOR ABANCA · 22 AGOSTO 2026
LUCÍA RIVAS: "NÓTASE TAMÉN NO CAMPO QUE ESTAMOS MOI UNIDAS"
Lucía Rivas foi a protagonista ao rematar o encontro na localidade lusa de Vila do Conde ante o Río Ave FC, último amigable da pretemporada para o equipo que prepara Alberto Rodríguez.A canteirá apunta que "unha cousa que identifica o Dépor ABANCA este ano é que sabemos repoñernos pase o que pase. A medida que foi avanzando o partido soubemos conectar ben e acabamos dándolle a volta. Rematamos a pretemporada da mellor maneira posible", concluíu.Autora do empate ante o equipo portugués, a futbolista galega sostén, non obstante, que "o meu obxectivo individual é axudar o equipo con goles, con asistencias... Pero se a axuda pode vir en forma de goles, benvida sexa".Finalmente, Lucía Rivas lembra que esta temporada "hai moita xente nova, que vén con moitísimas ganas. Temos un bo grupo, cheo de xente nova. Temos moita ilusión. Nótase tamén no campo que estamos moi unidas", conclúe.

As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana ...

O encerado, protagonista na preparación do Dépor para visitar...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...

Vitoria con remontada incluída ante o Rio Ave FC dun Dépor AB...