
DÉPOR · 18 AGOSTO 2026
SESIÓN POSPARTIDO NO DÉPOR TRAINING CENTER ANTES DA XORNADA DE DESCANSO PARA O CADRO DESTE MÉRCORES 19 DE AGOSTO
Finalizado o encontro ante o Elche CF, cuxos mellores momentos podes ver ao pé desta noticia, Os Nosos regresaron este martes 18 de xullo aos adestramentos no Dépor Training Center.Como é habitual en cada sesión pospartido, Antonio Hidalgo dividiu o seu cadro de xogadores en dous grupos tras a activación.Os titulares ante os ilicitanos pasaron a tarefas de recuperación física no ximnasio e na sala de fisioterapia.

Para o resto dos membros do cadro blanquiazul, a calorosa mañá no Dépor Training Center foi de alta intensidade, cun xogo de posición, un exercicio de finalizacións e fútbol en espazo reducido, tamén de alta intensidade.

Este mércores 19 haberá xornada de descanso. O Dépor regresa ao traballo o xoves 20 de agosto para comezar a preparar a seguinte cita ligueira, a visita ao Málaga CF prevista para o luns 24 de agosto ás 21:30 (Dazn) en La Rosaleda.

As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana ...

O encerado, protagonista na preparación do Dépor para visitar...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Lucía Rivas: "Nótase tamén no campo que estamos moi unidas"

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...