
DÉPOR FABRIL · 19 AGOSTO 2026
PREZO UNIFICADO PARA AS AFECCIÓNS VISITANTES NOS PARTIDOS DE PRIMERA FEDERACIÓN
A maioría de clubes do grupo I de Primera Federación acadaron un acordo conxunto para unificar o prezo das entradas visitantes, co obxectivo de favorecer a asistencia de afeccionados visitantes, facilitar as viaxes, fomentar un entorno de respecto e deportividade, e promover o apoio mutuo entre afeccións rivais.Este acordo establece o prezo máximo de 15 euros para toda aquela entrada de afección visitante correspondente aos partidos de liga regular que enfronten a ditos equipos.A medida aplicarase durante toda a tempada 2026-27, quedando excluídos posibles encontros de promoción ou Copa del Rey.Os clubes que se adheriron ao acordo son os seguintes: Athletic Club, Real Aviles, Real Unión Club, Racing Club Ferrol, Barakaldo CF, Cultural y Deportiva Leonesa, UD Ourense, AD Mérida, Unionistas de Salamanca CF, UD Logroñés, Pontevedra CF, CD Extremadura, Zamora CF, CD Lugo, Fabril, Arenas Club de Getxo, CP Cacereño, CD Coria e CD Mirandés.

As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana ...

O encerado, protagonista na preparación do Dépor para visitar...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Lucía Rivas: "Nótase tamén no campo que estamos moi unidas"

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...