
DÉPOR ABANCA · 20 AGOSTO 2026
MARISA E AINOA GÓMEZ REPRESENTARÁN AO DÉPOR ABANCA NO CAMPIONATO DO MUNDO SUB-20 DE POLONIA DESTE MES DE SETEMBRO
María Luisa García Antolín (Madrid, 22 de xuño de 2006) e Ainoa Gómez Luna (Cerdanyola del Vallès, Barcelona, 13 de abril de 2007) foron convocadas pola selección española sub-20 para disputar o Campionato do Mundo da categoría que se xogará do 5 ao 27 de setembro en Polonia.As dúas futbolistas do Dépor ABANCA concentraranse o xoves 27 de agosto e viaxarán á localidade polaca de Katowice o domingo 30 de agosto.O luns 31 de agosto España disputará un último amigable antes do torneo. Será ante Canadá ás 17:00 horas.España terá como rivais na Primera Fase do Mundial a Nixeria, Nova Caledonia e a República Popular da China.O calendario de partidos do combinado nacional no torneo é o seguinte:Luns 7 de setembro18:00: NIXERIA - ESPAÑA, no Arena Sosnowiec de SosnowiecXoves 10 de setembro15:00: ESPAÑA - NOVA CALEDONIA, no Arena Sosnowiec de SosnowiecDomingo 13 de setembro15:00: REPÚBLICA POPULAR DA CHINA - ESPAÑA, no Arena Sosnowiec de SosnowiecOs dous primeiros e os 4 mellores terceiros pasan a dezaseisavos de final.


As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana ...

O encerado, protagonista na preparación do Dépor para visitar...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Lucía Rivas: "Nótase tamén no campo que estamos moi unidas"

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...