
DÉPOR ABANCA B · 20 XULLO 2026
ELSA AYATS, NOVA XOGADORA DO DÉPOR ABANCA B
O RC Deportivo incorpora a Elsa Ayats Serrano (Barcelona, 18 de decembro de 2009), que se converte en nova futbolista branquiazul tras asinar até xuño de 2029, con opción de ampliar a súa vinculación co Club.Formada na canteira do RCD Espanyol, Elsa Ayats completou o seu crecemento deportivo no conxunto branquiazul catalán, superando cada unha das etapas de formación até alcanzar o Xuvenil A, onde continuou demostrando a súa enorme proxección. Así, a pasada temporada (2025-26) xogou 26 partidos, con 17 goles marcados.Así mesmo, tamén alternou co RCD Espanyol C de categoría Preferente Autonómica sénior, con 14 partidos xogados e 7 dianas.

A nova futbolista deportivista é internacional española sub-16, nunha mostra do talento e do potencial que atesoura e que a sitúan entre as xogadoras con maior proxección da súa xeración.Sobre o terreo de xogo, Elsa Ayats destaca pola súa velocidade, explosividade e capacidade para superar rivais no un contra un. A súa facilidade para xerar desequilibrio polas bandas, unida a un potente disparo, convértena nunha atacante capaz de marcar diferenzas nos últimos metros.Con esta incorporación, o RC Deportivo continúa reforzando a súa aposta polo talento novo e de futuro, sumando á súa estrutura unha futbolista cun amplo marxe de crecemento e cun perfil ofensivo de gran proxección.


As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana ...

O encerado, protagonista na preparación do Dépor para visitar...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Lucía Rivas: "Nótase tamén no campo que estamos moi unidas"

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...