
DÉPOR · 13 AGOSTO 2026
ANTONIO HIDALGO, TÉCNICO DO DÉPOR ATA 2028
O RC Deportivo e Antonio Hidalgo Morilla (Granollers, Barcelona, 8 de febreiro de 1979) chegaron a un acordo para prolongar a súa vinculación até xuño de 2028. O técnico deportivista continuará á fronte do primeiro equipo nunha nova etapa marcada polo regreso do Club á máxima categoría do fútbol profesional.Hidalgo chegou ao Dépor cun obxectivo claro e, na súa primeira tempada, conseguiu devolver ao conxunto blanquiazul a LaLiga EA Sports, completando unha campaña na que o equipo amosou solidez e regularidade.A continuidade de Antonio Hidalgo supón unha aposta do Club pola estabilidade e a consolidación dun proxecto que segue medrando, dando continuidade ao traballo iniciado e a unha idea de equipo que permitiu ao Dépor recuperar o seu sitio entre os mellores.Coa renovación do técnico até 2028, o RC Deportivo reforza unha liña de traballo baseada na continuidade, na confianza e no crecemento, con Hidalgo como unha das pezas fundamentais do proxecto deportivo.

As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana ...

O encerado, protagonista na preparación do Dépor para visitar...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Lucía Rivas: "Nótase tamén no campo que estamos moi unidas"

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...