
DÉPOR · 21 AGOSTO 2026
ANTONIO HIDALGO AVANZA O PLAN DE PARTIDO DO DÉPOR ANTE O MÁLAGA CF
Antonio Hidalgo avanzou este venres 21 de agosto no Dépor Training Center o plan para o encontro do vindeiro luns 24 de agosto, ás 21:30 horas (Dazn), ante o Málaga CF en La Rosaleda, correspondente á 2ª xornada do campionato.A sesión comezou cunha activación e unha roda de pases antes de dar paso a un exercicio de carácter táctico.O corpo técnico dispuxo tamén un xogo de posición e un partido, co obxectivo de seguir traballando os conceptos previstos para a cita de La Rosaleda.

David Mella e Diego Villares realizaron un adestramento personalizado dentro do plan de control de cargas establecido polos Servizos Médicos.Pola súa banda, Quique Teijo e Kevin, representantes de #ANOSACANTEIRA, completaron a sesión xunto ao primeiro equipo.Os Nosos volverán ao traballo este sábado 22 de agosto, a partir das 10:30 horas, no Dépor Training Center, para continuar preparando a 2ª xornada de LaLiga EA Sports.

As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana ...

O encerado, protagonista na preparación do Dépor para visitar...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Lucía Rivas: "Nótase tamén no campo que estamos moi unidas"

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...





