
DÉPOR · 1 XULLO 2026
XIMO NAVARRO SEGUIRÁ NO DÉPOR ATA XUÑO DE 2027
O RC Deportivo e Joaquín Navarro Jiménez (Guadahortuna, Granada, 23 de xaneiro de 1990), Ximo Navarro, chegaron a un acordo para a renovación do contrato do futbolista, que continuará defendendo a camiseta branquiazul ata xuño de 2027.Dende a súa chegada a ABANCA-RIAZOR na temporada 2023-24, procedente do Fortuna Sittard da Eredivisie neerlandesa, Ximo converteuse nunha peza fundamental do equipo grazas á súa experiencia, liderado e polivalencia, cualidades que lle permiten render con garantías en calquera das posicións da liña defensiva.Na súa primeira campaña como deportivista foi un dos protagonistas do histórico regreso do Club ao fútbol profesional, participando en 23 encontros de Primera Federación —20 deles como titular—, repartindo unha asistencia e disputando ademais un partido da Copa del Rey, nunha temporada que concluíu co ascenso a LaLiga Hypermotion e o título de campión da categoría.Nas dúas temporadas posteriores, xa en LaLiga Hypermotion, Ximo seguiu sendo un futbolista importante para o equipo, acumulando 54 partidos oficiais e 4 goles, contribuíndo co seu rendemento a un novo éxito colectivo: o ascenso do RC Deportivo a LaLiga EA SPORTS.Con esta renovación, o Club asegura a continuidade dun dos xogadores con maior peso dentro do vestiario e reforza un proxecto que seguirá contando coa experiencia, o compromiso e a competitividade de Ximo Navarro.

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede