
DÉPOR · 20 OUTUBRO 2026
O DÉPOR PREPARA A VISITA AO ATLÉTICO DE MADRID CONSCIENTE DA DIFICULTADE DO RIVAL E DA ESIXENCIA DO ESCENARIO
O Dépor xa prepara o encontro deste sábado 24 de outubro ás 21:00 horas (Movistar LaLiga) no Estadio Riyadh Air Metropolitano, ante o Atlético de Madrid, con concentración e ambición, consciente da dificultade do rival, da esixencia do escenario e da importancia de aproveitar cada xornada como unha nova oportunidade para competir e sumar.O conxunto de Antonio Hidalgo mantén a perspectiva e a confianza no traballo diario, consciente de que as últimas xornadas, sen vitorias, poñen de manifesto a necesidade de reverter a dinámica.Ao mesmo tempo, a estabilidade debe ser un factor determinante para afrontar este treito da temporada, mantendo o equilibrio tanto nos momentos favorables como naqueles nos que os resultados non acompañan.Estiveron este martes 20 con adestramento personalizado Eddahchouri, Aubameyang, Casadó e Bright Ede.Pola súa banda, Kevin Sánchez e Rubén López foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

O corpo técnico dispuxo, tras unha activación con rondos, un xogo de posición, unha tarefa táctica no campo 2 e fútbol en espazo reducido para concluír, de alta intensidade.Este mércores 21 Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede

A canteirá deportivista Antía Veiga comezou con vitoria ante ...




