
DÉPOR · 8 XULLO 2026
VILLARES: "VEXO Á XENTE MOI ILUSIONADA CON ESTE REGRESO A LALIGA EA SPORTS"
Diego Villares pasouse este mércores 8 de xullo pola sala de prensa do Dépor Training Center.Admite que no vestiario, ante unha temporada en LaLiga EA Sport, "tiñamos ganas despois de tanto tempo. Vexo á xente moi ilusionada con este regreso".O mediocentro deportivista asegura que as caras novas ata a data (Teun Gijselhart, Bright Ede e Leo Roman) están "ilusionados, con ganas de achegar, con enerxía nova que sempre vén ben. Estou contento de que estean aquí".Preguntado pola súa renovación, lembra que "desde o primeiro momento xa deixei claro cal era a miña intención. O Club trasladoume o mesmo. Como en todas as renovacións houbo un par de meses ou 3 de contactos pero chegamos a un acordo con facilidade".Ante a volta á Primera División recalca que "esta pretemporada é máis ilusionante porque desde Segunda B son xa varios anos. Era un obxectivo a longo prazo que tiña, poder xogar algún día en primeira con esta camiseta. Por iso é moi ilusionante".Finalmente, Diego Villares afirma que o obxectivo do Dépor nesta temporada 2026-27 é "acadar eses 42, 43 puntos que che dean a salvación canto antes. E a partir de aí xa se verán outras cousas".

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede