
DÉPOR · 13 AGOSTO 2026
TRABALLO ESTE XOVES 13 DE RECUPERACIÓN E POSPARTIDO PARA O DÉPOR, XA RUMBO AO DEBUT LIGUEIRO DO LUNS 17 EN ABANCA-RIAZOR ANTE O ELCHE CF
Xoves de recuperación e traballo pospartido para Os Nosos no Dépor Training Center este 13 de agosto.Así, os titulares ante o Real Madrid na 81ª edición do Trofeo Teresa Herrera tiveron unha xornada de recuperación física, con ximnasio e fisioterapia.Neste grupo formou parte Diego Villares, que relevou a Noé no minuto 22. O canteirán sofre un escordo no nocello esquerdo.Para o resto do cadro a sesión foi de alta intensidade, con xogo de posición, finalizacións e fútbol reducido.
Altimira, Yeremay e Asp Jensen continúan co seu regreso progresivo ao traballo de grupo mentres que Kevin foi o representante de ANOSACANTEIRA.Rematada a pretemporada, o Dépor pon desde este venres 14 de agosto ás 10:30 rumbo ao debut ligueiro do luns 17 de agosto ás 21:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Elche CF.

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede