
FUNDACIÓN · 21 MAIO 2026
TARDE INESQUECIBLE NA SEDE DE ALVEDRO DA DÉPOR ESCOLA FEIRACO 2025-26 COA VISITA DE ALTIMIRA E YEREMAY
O alumnado dos grupos de Iniciación, Tecnificación e Perfeccionamento da sede de Alvedro da Dépor Escola Feiraco 2026 viviu unha xornada moi especial xunto a dous referentes deportivistas: Yeremay e Altimira.Entre sorrisos, ilusión e moito sentimento blanquiazul, os máis pequenos puideron gozar dunha acollida moi especial, compartir unha conversa cos seus ídolos e levar un recordo inesquecible entre sinaturas, fotografías e momentos que quedarán gravados para sempre.O fútbol e o deportivismo constrúense así: inspirando, compartindo e achegando soños a quen comeza a vivir esta paixón desde dentro.Máis de 500 nenos e nenas nacidos entre 2012 e 2019, ambos incluídos, participan desde outubro nesta escola profesional de fútbol co obxectivo de complementar a súa formación dun xeito máis específico con adestradores da canteira do RC Deportivo con independencia do seu nivel de práctica.A actividade desenvólvese en Alvedro, Sada, Paiosaco, Zas, Bertamiráns, Colexio Jesuitinas ademais da sede de diversidade funcional na Cidade Deportiva de La Torre.Toda a información sobre tarifas, horarios, que inclúe a actividade... pode consultarse premendo neste enlace.Para calquera dúbida ou consulta sobre a actividade, así como calquera problema co proceso de inscrición, poden contactar coa organización no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.

A Dépor Escola 2025-26 está baseada en valores como o compañeirismo, o respecto e o esforzo.A súa finalidade principal é complementar os adestramentos e a formación futbolística dos nenos e nenas, de maneira individual, personalizada e atendendo ás necesidades de cada quen, converténdose nun referente na formación de mozos e mozas futbolistas.En cada Dépor Escola Feiraco respírase deportivismo. Os nenos e nenas adestran contidos complementarios ao traballo que poidan desenvolver nos seus clubs ou no seu tempo libre, para afondar no coñecemento e no adestramento en fútbol, baixo a supervisión de adestradores titulados e con experiencia do Real Club Deportivo.

As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana ...

O encerado, protagonista na preparación do Dépor para visitar...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Lucía Rivas: "Nótase tamén no campo que estamos moi unidas"

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...




