
DÉPOR ABANCA · 11 OUTUBRO 2026
SOFÍA DOMÍNGUEZ XOGOU DE TITULAR NO PRIMEIRO DOS DOUS AMIGABLES DE ARXENTINA FRONTE A BRASIL
Foto: https://x.com/ArgentinaSofía Domínguez está concentrada coa selección de Argentina para disputar 2 amigables ante Brasil nesta xanela FIFA.As arxentinas xa están clasificadas para disputar o próximo Mundial 2027.O primeiro deles xogouse este pasado sábado 10 de outubro en Porto Alegre.A xogadora do Dépor ABANCA foi titular nun partido que caeu do lado das brasileiras por 3-1. Foi substituída no minuto 84 por Martina del Trecco.A seguinte cita de Sofía Domínguez coa súa selección será o martes 13 de outubro, desta volta no Arena Pernambuco de Recife. O encontro comezará ás 20:30 hora local, 1:30 do mércores 14 en Galicia.Nada máis concluír o encontro, a polivalente xogadora deportivista regresará á Coruña.O calendario de partidos da futbolista branquiazul, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Sábado 10 de outubroBRASIL 3 - ARGENTINA 1Martes 13 de outubro20:30 (hora local, 1:30 do mércores 14 en Galicia): BRASIL - ARGENTINA no Arena Pernambuco (Recife)Até a data, Sofía Domínguez leva 5 partidos disputados co Dépor ABANCA, 1 deles como titular; e 1 gol marcado.

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede