
DÉPOR ABANCA · 6 XUÑO 2026
PORTUGAL, CON INÊS PEREIRA DESTA VOLTA NO BANCO, GOLEOU LETONIA
Inês Pereira está concentrada coa selección de Portugal para dous partidos correspondentes ao grupo 3 da serie B de clasificación para o Campionato do Mundo.Os rivais da gardameta do Dépor ABANCA nesta xanela FIFA son Letonia e Finlandia.O primeiro deles foi este venres 5 de xuño ante Letonia no Estadio Antonio Coimbra da Mota (Estoril).Golearon as portuguesas (5-0) con Inês Pereira desta volta no banco.Con este resultado, o combinado luso suma 15 puntos de 15 posibles e é o líder do seu grupo.O segundo choque é ante Finlandia, 2º clasificado con 12 puntos, o martes 9 de xuño no Tammelan Stadion en Tampere.O calendario de partidos da futbolista branquiazul, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Venres 5 de xuñoPORTUGAL 5 - LETONIA 0Martes 9 de xuño18:00: FINLANDIA - PORTUGAL, no Tammelan Stadion en TampereInês Pereira concluíu a tempada no Dépor ABANCA con 27 partidos xogados, todos eles como titular.

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede