
DÉPOR ABANCA · 12 OUTUBRO 2026
PARTIDO DE VOLTA DE INÊS PEREIRA ANTE IRLANDA DO NORTE DO PLAY OFF DE CLASIFICACIÓN PARA O MUNDIAL, ESTE MARTES 13 EN PORTIMAO
Inês Pereira está concentrada con Portugal para disputar ante Irlanda do Norte o play off de clasificación para o Mundial 2027 en Brasil.A volta entre ambos os conxuntos celébrase este martes 13 de outubro ás 19:15 (hora local, 20:15 en Galicia) no Estadio Municipal de Portimao.O choque de ida disputouse o pasado venres 9 de outubro no estadio Inver Park, situado na localidade norirlandesa de Larne.A futbolista do Dépor ABANCA xogou os 90 minutos dun encontro que as lusas resolveron cunha goleada por 0-4, o que deixa a eliminatoria practicamente sentenciada.O calendario de partidos de Inês Pereira, cos resultados dos encontros xa disputados, é o seguinte:Venres 9 de outubroIRLANDA DO NORTE 0 - PORTUGAL 4Martes 13 de outubro19:15 (20:15 hora galega): PORTUGAL - IRLANDA DO NORTE, no Estadio Municipal de PortimaoInês Pereira, con contrato ata 2029 no Dépor ABANCA, leva esta temporada 3 partidos disputados, 2 deles como titular.

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede