
DÉPOR FABRIL · 1 OUTUBRO 2026
MANUEL PABLO PÍDELLE AO SEU EQUIPO EN LOGROÑO «MEDRAR NÓS CO BALÓN NO SENTIDO DE SERMOS TAMÉN MÁIS DOMINANTES»
Manuel Pablo manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que a UD Logroñés, rival este domingo 4 de outubro ás 12:00 (Fan Play TV) en Las Gaunas, é "un rival distinto á SD Ponferradina, ao Real Unión. É un equipo máis combinativo, que está a facer as cousas ben. Cando ten que ser vertical é forte e ten xogadores importantes. Son constantes na presión".O técnico fabrilista advirte que "temos que medrar nós co balón no sentido de sermos tamén máis dominantes. Vainos facer axustar máis a presión alta e hai que intentar contrarrestar ese xogo posicional que teñen eles, que se cadra non nos fai tanto dano como o xogo directo".Finalmente, preguntado por Noé, que xa adestra co primeiro equipo, Manuel Pablo advirte que "para competir esta fin de semana non está. Despois irase vendo semana a semana o que poida participar no primeiro equipo, coas baixas que ten o primeiro equipo. Aínda que quixésemos que estivese, non está esta fin de semana", conclúe.

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede