
DÉPOR · 6 SETEMBRO 2026
LUISMI: "O GRUPO ESTÁ MENTALIZADO NUNHA COUSA E IMOS POR BO CAMIÑO"
Luismi Cruz confesou na zona mixta do Estadio de La Cerámica de Villarreal estar "moi contento polo traballo do equipo, por estar sempre metido no partido e lograr esa remontada. Estou moi contento polo traballo, polo esforzo e por conseguir os 3 puntos neste campo tan difícil".O atacante deportivista quere "manter os pés no chan, sabemos de onde vimos. Temos moi claro o noso obxectivo e, cando o consigamos, poderemos mirar outras cousas. O grupo está mentalizado nunha cousa e imos por bo camiño".Lembra que a temporada pasada en LaLiga Hypermotion "conseguimos moitas remontadas. Estou contento por como o equipo estivo nos momentos difíciles apertando".Finalmente Luismi insiste en que "estamos comedidos porque a categoría é complicada, pero hai que celebrar estes 3 puntos que saben moi ben contra un equipo Champions, nun campo moi difícil".

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede