
DÉPOR ABANCA · 20 MAIO 2026
INÊS PEREIRA MÍDESE CON PORTUGAL A LETONIA E FINLANDIA ESTE MES DE XUÑO NA FASE DE CLASIFICACIÓN PARA O EUROPEO
Inês Teixeira Pereira (Sintra, Lisboa, 26 de maio de 1999) foi convocada pola selección de Portugal para dous partidos correspondentes ao grupo 3 da serie B de clasificación para o Campionato de Europa.Os rivais da gardameta do Dépor ABANCA nesta xanela FIFA serán Letonia e Finlandia.O calendario de partidos da futbolista branquiazul é o seguinte:Venres 5 de xuño20:00 (hora local, 21:00 en Galicia): PORTUGAL - LETONIA no Estadio Antonio Coimbra da Mota (Estoril)Martes 9 de xuño18:00: FINLANDIA - PORTUGAL, no Tammelan Stadion (Tampere)Ata o de agora, o combinado luso suma 12 puntos de 12 posibles e é o líder do seu grupo.Inês Pereira xogou ata a data 26 partidos co Dépor ABANCA en Liga F, todos eles como titular.

As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana ...

O encerado, protagonista na preparación do Dépor para visitar...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Lucía Rivas: "Nótase tamén no campo que estamos moi unidas"

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...