
DÉPOR ABANCA · 5 XUÑO 2026
ESPE PIZARRO SEGUIRÁ DEFENDENDO A CAMISETA DO DÉPOR ABANCA ATÉ XUÑO DE 2028
O Dépor ABANCA continuará gozando do talento, a calidade e o compromiso de Esperanza Pizarro Pagalday (Uruguai, 15 de abril de 2001), futbolisticamente coñecida como Espe Pizarro, despois de que a internacional uruguaia ampliase a súa vinculación co Club ata xuño de 2028.Esta renovación supón unha magnífica noticia para o deportivismo e para un proxecto que segue consolidando os seus piares de futuro.Dende a súa chegada á Coruña, Espe gañouse o cariño de ANOSAFORZA grazas ao seu traballo, á súa capacidade competitiva e ao seu talento nos metros finais.Na súa primeira temporada como branquiazul, a atacante disputou 19 encontros, 17 deles como titular, asinando ademais 6 goles que resultaron fundamentais para axudar o equipo a acadar os seus obxectivos e asegurar unha histórica terceira tempada consecutiva en Liga F.Actualmente concentrada coa selección de Uruguai para disputar dous encontros da Conmebol Liga de Naciones, Espe continúa medrando tamén no panorama internacional, levando o nome do Dépor ABANCA máis alá das nosas fronteiras.A súa renovación representa moito máis ca a continuidade dunha futbolista diferencial. É a aposta por unha xogadora que demostrou dentro e fóra do campo os valores que definen o Dépor ABANCA: esforzo, compromiso, ambición e sentimento de equipo.O futuro segue escribíndose de branquiazul. E Espe Pizarro continuará sendo unha das súas protagonistas.

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede