
FUNDACIÓN · 18 OUTUBRO 2026
O RC DEPORTIVO ESTREITA LAZOS COA FEDERACIÓN CABOVERDIANA DE FÚTBOL
No marco da expedición da RC Deportivo Fundación a Cabo Verde, Alex Espiñeira, responsable de Proxectos Internacionais, mantivo un encontro institucional con Mário Semedo, presidente da Federación Caboverdiana de Fútbol.Durante a reunión, o RC Deportivo trasladoulle os seus parabéns á Federación pola histórica participación da selección de Cabo Verde no Mundial de 2026, un fito para o fútbol caboverdiano e un motivo de orgullo para todo o país.O encontro permitiu compartir experiencias e coñecementos, así como explorar posibles vías de colaboración no ámbito do desenvolvemento futbolístico, a formación e o fútbol base.Unha nova oportunidade para seguir construíndo pontes a través do fútbol e achegar a metodoloxía e os valores do Dépor a novos contextos internacionais.

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede