
JUVENIL A · 23 MAIO 2026
O XUVENIL NICO BALBAS CONCENTRARASE EN ALACANT COA SELECCIÓN SUB-20 DE HONDURAS O MÉRCORES 27 DE MAIO
Nicolás Balbas Gonzales (Ferrol, 8 de maio de 2008) foi convocado pola selección de Honduras sub-20 para unha concentración de adestramentos que terá lugar do 27 de maio ao 7 de xuño.O canteirán (na foto de pé, o cuarto xogador empezando pola esquerda), que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamín, permanecerá concentrado en Alacant.Durante este período, Honduras disputará un total de 3 partidos amigables de preparación, pendentes de confirmar nos próximos días.Nico Balbas disputou en 2025 coa sub-17 de Honduras o Campionato do Mundo da categoría.Este extremo, ferrolán de nacemento pero con orixes hondureñas, pertence ao cadro do Xuvenil A de División de Honra; e esta tempada xogou en liga 19 partidos, 16 deles como titular, e marcou 2 goles; e 4 en Copa, 1 deles de inicio.

As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana ...

O encerado, protagonista na preparación do Dépor para visitar...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Lucía Rivas: "Nótase tamén no campo que estamos moi unidas"

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...