
JUVENIL A · 3 AGOSTO 2026
O XUVENIL DEPORTIVISTA NICO BALBÁS PARTICIPOU CON HONDURAS SUB-20 NOS 3 PARTIDOS DO TORNEO DA CONCACAF
Foto: Federación de Fútbol de Honduras
Nico Balbas (na foto co dorsal 10) estivo concentrado coa selección de Honduras sub-20 para disputar o torneo da CONCACAF en México.O canteirán, que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamín, tivo como rivais na Primera Fase a Xamaica, Canadá e Panamá.Os resultados de Honduras foron os seguintes:Luns 27 de xulloHONDURAS 1 - XAMAICA 2Xoves 30 de xulloCANADÁ 1 - HONDURAS 1Domingo 2 de agostoHONDURAS 0 - PANAMÁ 4Nico Balbas saltou ao céspede no minuto 58 fronte a Xamaica, foi titular contra Canadá e no terceiro partido ante Panamá relevou a Medrano aos 13 minutos.Este extremo, ferrolán de nacemento pero con orixes hondureñas, pertence ao cadro do Xuvenil A de División de Honra, co que a pasada tempada xogou en liga 19 partidos, 16 deles como titular, e marcou 2 goles; e 4 partidos en Copa, 1 deles de inicio.

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede