
JUVENIL A · 22 XULLO 2026
O XUVENIL A PON EN MARCHA A PRETEMPORADA NO DÉPOR TRAINING CENTER
O Xuvenil A xa está en marcha. O conxunto branquiazul iniciou a pretempada no Dépor Training Center, onde comezou a preparar o novo curso baixo a dirección de Miguel Figueira.Deste xeito, o equipo dá o pistoletazo de saída a unha nova temporada na que afrontará o reto de volver competir ao máximo nivel na División de Honor xuvenil, unha das categorías máis esixentes do fútbol formativo estatal.Nas vindeiras semanas, o cadro combinará o traballo físico, técnico e táctico co obxectivo de chegar nas mellores condicións ao inicio da competición, consolidando ademais o crecemento dos futbolistas que forman parte da estrutura de #ANOSACANTEIRA.A volta ao traballo do Xuvenil A supón un novo paso na posta en marcha dos equipos de canteira do RC Deportivo.Configuración da División de HonorO equipo deportivista quedou encadrado esta temporada no grupo 1º da División de Honor xunto cos demais equipos galegos, asturianos e cántabros.Deste xeito, o conxunto branquiazul, vixente subcampión de liga e semifinalista da Copa del Rey, terá estes rivais: RC Celta, Real Racing Club, SD Solares Medio-Cudeyo, Real Oviedo, Sporting de Gijón, Bansander, Ural Español CF, SD Compostela, Victoria CF, TSK Roces, Real Avilés CF, ED Val Miñor Nigrán, CD Lugo, RS Gimnástica de Torrelavega e CD Marina Sport.

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede