
DÉPOR GENUINE · 9 XUÑO 2026
O DÉPOR GENUINE GOZA E CELEBRA NA MS2 CUP DE VIGO
O Dépor Genuine volveu esta pasada fin de semana a gozar do fútbol, a compartir valores e a demostrar que o deporte é moito máis ca un resultado.Os Nosos regresaron aos terreos de xogo con motivo da MS2 Cup, unha cita marcada pola convivencia, o compañeirismo e a paixón polo fútbol inclusivo.Nesta ocasión, o conxunto blanquiazul enfrontouse na Madroa ao Celta Integra nunha nova xornada de amizade e deporte que volveu poñer de manifesto o verdadeiro espírito desta competición.Sobre a herba, o Dépor Genuine asinou unha gran actuación e logrou a vitoria por 0-2, un triunfo que os deportivistas celebraron coa alegría e a ilusión que os caracteriza.En encontros coma este cada gol, cada abrazo e cada sorriso teñen un significado especial.Alén do marcador, a xornada volveu ser unha mostra do poder do fútbol para derrubar barreiras, xerar oportunidades e construír espazos onde todas e todos teñen cabida. Valores que o Dépor Genuine representa con orgullo en cada adestramento e en cada partido.Con esta participación na MS2 Cup, Os Nosos encaran xa a recta final dunha temporada na que seguiron a ser un exemplo dentro e fóra do campo, demostrando que o fútbol é unha extraordinaria ferramenta de integración, inclusión e medre persoal.


As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana ...

O encerado, protagonista na preparación do Dépor para visitar...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Lucía Rivas: "Nótase tamén no campo que estamos moi unidas"

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...