
FUNDACIÓN · 1 OUTUBRO 2026
O DÉPOR ABANCA B TRABALLA TAMÉN A FORTALEZA MENTAL CO PROXECTO EUROPEO GAMEMIND
As xogadoras do Dépor ABANCA B participaron nunha nova sesión do proxecto europeo GameMind, unha iniciativa que busca poñer en valor a preparación mental e o benestar psicolóxico dentro do deporte feminino.A actividade permitiulle ao equipo afondar en diferentes ferramentas e recursos para afrontar algúns dos retos que forman parte do día a día dunha deportista, como a xestión da presión, o manexo das emocións ou o fortalecemento da confianza.O crecemento dunha futbolista non se constrúe unicamente sobre o terreo de xogo. A preparación mental tamén desempeña un papel importante á hora de afrontar os momentos de dificultade, xestionar as expectativas e gozar do deporte con maior seguridade e benestar.A través de iniciativas como GameMind, o Dépor ABANCA B continúa incorporando espazos de aprendizaxe e reflexión que contribúen ao desenvolvemento integral das súas xogadoras, tanto desde o punto de vista deportivo como persoal.Unha sesión para lembrar que coidar a mente tamén forma parte do adestramento.

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede