
FUNDACIÓN · 25 SETEMBRO 2026
DÉPOR GENUINE, TORRE SD E SR CALO SERÁN OS PROTAGONISTAS DO TORNEO 'ONE TEAM NO LIMITS', ESTE SÁBADO 26 NO DÉPOR TRAINING CENTER
O Dépor Training Center converterase este sábado 26 de setembro nun lugar aínda máis especial. A partir das 11:00 horas, o fútbol será o punto de encontro para os equipos do Dépor Genuine, Torre SD e SR Calo, protagonistas do torneo ‘One Team no Limits’.Unha xornada para competir, pero sobre todo para compartir, gozar e demostrar que non hai límites cando o deporte se vive en equipo.Cada pase, cada gol, cada celebración e cada aperta formarán parte dunha mañá na que o resultado quedará nun segundo plano fronte ao verdadeiramente importante: as persoas.O torneo celébrase no marco da Semana Europea do Deporte #BeActive, unha iniciativa que pon en valor a importancia da actividade física e os valores que transmite o deporte.Así pois, este sábado, no Dépor Training Center, gañar será estar, xogar, compartir e gozar. Será lembrar que o fútbol é de todas e todos e que, cando se xoga en equipo, non existen límites.O calendario de partidos é o seguinte:11:00: DEPORTIVO GENUINE - SR CALO11:50: DEPORTIVO GENUINE - TORRE SD12:40: SR CALO - TORRE SDAdemais de deporte, tamén haberá tempo para a saúde e o benestar.Así, os xogadores e xogadoras recibirán unha charla sobre nutrición a cargo do nutricionista de ANOSACANTEIRA Álex Santiso.
Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen ao(s) seu(s) autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede