
DÉPOR · 14 OUTUBRO 2026
DAVID MELLA FALA DUN INICIO DE LIGA DO DÉPOR "INCRIBLE" E VESE "AO 99 %. FÁLTAME ESE 1 % DE CHISPA"
David Mella subliñou este mércores 14 de outubro na sala de prensa de Dépor Training Center que o inicio de temporada do Dépor "é incrible. Nunca chegas a imaxinar que poidas gañarlles a equipos Champions. É polo que imos competir e temos que seguir facéndoo así".A nivel persoal, asegura estar "ao 99%. Fáltame ese 1% de chispa, un pouco máis de minutos e de ritmo de partido, pero polo demais estou ao 100%".Desvela sobre o seu xeonllo operado que leva "unhas cantas semanas sen dor, pero sempre tes algún aviso que che dá o xeonllo; con todo, é máis o ritmo do equipo, dos partidos, o que me queda aínda por coller".Despois de superar tamén unha lesión de pube que o tivo varios meses fóra da competición, David Mella aprendeu que "tes que ser igual de profesional esteas ou non lesionado. Intentas aprender esas cousas da xente máis veterana, que che vai dicindo 'fai isto, non fagas isto...' Aprendes a ter un pouco máis de calma e que os pequenos detalles importan moito máis do que pensas".Cre que o maior salto á Primera División "é de calidade. Todos os equipos teñen xogadores do máximo nivel e iso é o que máis custa, adaptarse a esa calidade dos rivais. Fisicamente é parecida á Segunda División".O canteirán lembra que "sempre fun un extremo ofensivo. Nas categorías inferiores non tes que facer ese traballo defensivo que tes que facer agora. Estou á disposición do que me pida o adestrador e, se teño que ser un carrileiro máis defensivo, pois o que me queda é traballar e perfeccionar esa defensa".Finalmente, agarda ante o Levante UD este venres 16 de outubro ás 21:00 (Movistar LaLiga e Dazn) en ABANCA-RIAZOR "un partido bastante disputado e no que esperamos levar os 3 puntos".

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede