
DÉPOR ABANCA · 12 OUTUBRO 2026
DANIELA CARACAS XOGA O SEU SEGUNDO AMIGABLE ANTE VENEZUELA NESTE PARÓN DE SELECCIÓNS
Daniela Caracas está concentrada coa selección de Colombia, vixente campioa da CONMEBOL Liga de Naciones, para disputar 2 amigables ante Venezuela neste parón de seleccións.Os encontros dispútanse no Centro Nacional de Alto Rendimiento de Margarita, en Venezuela.A segunda cita para a xogadora branquiazul será este martes 13 de outubro ás 17:00 (hora local), 23:00 en Galicia.O primeiro deles xogouse o pasado sábado 10 de agosto.A lateral do Deportivo ABANCA seguiu o partido desde o banco e non chegou a saltar ao céspede nun encontro que gañou Colombia por 0-1.Concluído o choque, a defensa deportivista emprende a viaxe de regreso á Coruña.O calendario de Daniela Caracas, cos resultados dos partidos xa disputados, é o seguinte:Sábado 10 de outubroVENEZUELA 0 - COLOMBIA 1Martes 13 de outubro17:00 (hora local, 23:00 en Galicia): VENEZUELA - COLOMBIA

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede