
DÉPOR FABRIL · 9 XUÑO 2026
DAMIÁN CANEDO SEGUIRÁ DE BRANQUIAZUL ATÉ 2028
O RC Deportivo e Damián Canedo Midón (Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2003) seguirán camiñando xuntos. O defensa santiagués renovou o seu contrato ata xuño de 2028.Dende a súa chegada ao Fabril na temporada 2024-25, Damián converteuse nunha peza importante. No seu primeiro curso disputou 30 encontros de liga e participou tamén nos 2 partidos da promoción de ascenso a Primera Federación ante o UCAM Murcia.A temporada 2025-26 continuou confirmando a súa progresión. Ás órdenes de Manuel Pablo, participou en 13 encontros ligueiros, ata que caeu lesionado de longa duración, e viviu un dos momentos máis especiais ao debutar co primeiro equipo o pasado 4 de decembro, no encontro de Copa del Rey disputado en Sabadell.Así, este último curso tamén puxo a proba a súa fortaleza. Unha lesión de xeonllo obrigouno a deter o seu crecemento. Lonxe de renderse, Damián afrontou a recuperación coa mesma determinación que amosou sempre sobre o terreo de xogo e atópase xa na fase final dese proceso.Formado nas canteiras do RC Celta, FC Barcelona e Real Betis, tamén acumulou experiencia na SD Compostela en Segunda Federación e na AD Mérida de Primera Federación antes de incorporarse ao RC Deportivo.Con esta renovación ata 2028, o Club aposta pola continuidade dun xogador novo, con presente e moito futuro por diante.A renovación de Damián Canedo, xa pactada no momento da súa lesión, únese ás xa anunciadas de Manu Ferreiro, Noé Carrillo, Manuel Pablo, David Domínguez e Quique Teijo.
Parabéns Damián!

As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana ...

O encerado, protagonista na preparación do Dépor para visitar...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Lucía Rivas: "Nótase tamén no campo que estamos moi unidas"

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...