
DÉPOR · 9 OUTUBRO 2026
ANTONIO HIDALGO, RESPECTO ÁS BAIXAS, ADVIRTE QUE «TAMÉN HAI XENTE CON GANAS DE DEMOSTRAR, QUE VAI TER A SÚA OPORTUNIDADE»
Antonio Hidalgo manifestou este venres 9 de outubro na sala de prensa do Dépor Training Center que nesta xeira de lesións «o primeiro que penso é que é o que hai, a vida vén como vén e hai que aceptala, non só no futbolístico. A partir de aí, buscar as solucións que consideremos convenientes para poder facerlle dano á Real Sociedad».Iso si, admite que «necesitamos que eses xogadores que están fóra, que son importantísimos e pezas clave para nós, volvan canto antes; pero tamén hai xente con ganas de demostrar, que vai ter a súa oportunidade, e niso estamos centrados».O técnico deportivista recalca que estas baixas «fanche volver pensar cousas, en como poder seguir facendo o mesmo con diferentes xogadores pero conseguindo que sigan estando cómodos no terreo de xogo, en que posicións poñelos para que poidan ofrecernos a súa mellor versión».Conclúe que «sempre que perdes xogadores dese nivel, o que veña despois ten que ser algo diferente porque non temos ese perfil concreto de xogador. Podemos adaptar xogadores a esas posicións, pero mentalmente teñen que ser capaces de entender a posición».Da Real Sociedad, rival este domingo 11 de outubro ás 16:15 (Dazn) en Anoeta, opina que «é un equipo con moitísimo potencial ofensivo. Desde a chegada de Matarazzo teñen moitísimas variantes para facerche cousas diferentes, presentándoche distintos perfís con xogadores nas bandas. Vai meter moitísima xente por dentro, vai levar o balón dun lado ao outro e ten xogadores moi diferenciais no último terzo».O preparador do Dépor lembra que o conxunto vasco «o ano pasado fixo unha gran tempada, obtivo un gran resultado. Nós imos intentar facer o noso partido e saber onde lles podemos facer dano».Finalmente, Antonio Hidalgo pídelles aos seus xogadores «ser moi sólidos, moi solidarios nese traballo sen balón para poder contrarrestar todo o que teñen».

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede