
DÉPOR · 11 SETEMBRO 2026
ANTONIO HIDALGO: "O OBXECTIVO DESDE O PRIMEIRO DÍA É CONSEGUIR A SALVACIÓN CANTO ANTES. IMOS LOITAR POR ELA CADA SEMANA"
Antonio Hidalgo reiterou este venres 11 de setembro na sala de prensa do Dépor Training Center que «isto vai día a día. Hai que demostrar no verde o que vas merecendo. O obxectivo desde o primeiro día é conseguir a salvación canto antes. Imos loitar por iso cada semana e centrarnos no día a día».Ante o Getafe CF, rival este domingo 13 de setembro ás 18:30 (Movistar LaLiga) no Coliseum, agarda un partido «de moitísima dificultade. É un equipo que leva moito tempo traballando coa mesma idea e co mesmo adestrador».Advirte que «van xerar situacións de duelo e saben como queren desenvolver o seu xogo».O técnico deportivista pídelles aos seus futbolistas «estar moi concentrados en todas as disputas, en todas as xogadas, para poder facerlles dano, algo que non vai ser nada sinxelo. O Getafe CF vén de facer unha campaña brutal o ano pasado e iso fala do bo traballo que hai detrás».Finalmente, Antonio Hidalgo insiste de cara ao domingo en «adaptarse a todo tipo de situacións. Isto vai de gañar e de sacar rendemento. Está claro que os equipos de Bordalás sacan rendemento e resultados. Ese é o obxectivo de todo adestrador e cada un ten unha maneira de facelo».

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede