
DÉPOR · 15 OUTUBRO 2026
ANTONIO HIDALGO ADVIRTE DE QUE EN LALIGA EA SPORTS "TODO TE PENALIZA DEMASIADO SE NON ESTÁS MOI CONCENTRADO, MOI ATENTO A TODO TIPO DE XOGADAS"
Antonio Hidalgo manifestou este xoves 15 de outubro na sala de prensa do Dépor Training Center que en Primera División «todo te penaliza demasiado se non estás moi concentrado, moi atento a todo tipo de xogadas. Temos que manter a concentración os 90 minutos. Calquera erro penalízate moitísimo».O técnico deportivista lembra que «as veces que os equipos deixan a portería a cero xa non son tantas. Nós temos que estar máis axustados porque, concedendo pouco, estamos encaixando máis».Do Levante UD, rival este venres 16 de outubro ás 21:00 horas (Movistar LaLiga e Dazn en aberto) en ABANCA-RIAZOR, destaca que «ten un inicio de xogo moi claro. Saben onde ter a superioridade, onde ser capaces de atopala, onde atacarche os espazos. É un equipo moi dinámico, con moita enerxía, sobre todo na parte de arriba. Temos que estar moi atentos a todo iso».Finalmente, Antonio Hidalgo insiste en «seguir reforzando todo o que facemos ben, sabendo que hai que estar moito máis atentos a eses pequenos detalles».

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede