
DÉPOR ABANCA B · 2 OUTUBRO 2026
ANTÍA VEIGA COLLE O RELEVO DE MARISA GARCÍA E AINOA GÓMEZ E XOGARÁ O MUNDIAL SUB-17 DE MARROCOS
Antía Veiga Caramés (Ames, 9 de maio de 2009) colle o relevo de Marisa García e Ainoa Gómez (recentes campioas do mundo sub-20) ao ser convocada pola selección española sub-17 para disputar o próximo Campionato do Mundo da categoría en Marrocos, do 17 de outubro ao 7 de novembro.A canteirá deportivista, que foi capitá no último test preparatorio, quedou encadrada no grupo F con México, Australia e Chile.O combinado nacional concentrarase o luns 5 de outubro en Málaga.Os adestramentos de posta a punto para a competición incluirán ademais 2 encontros amigables fronte a Xapón os días 8 e 11 de outubro.España desprazarase a Marrocos o xoves 15 de outubro.O calendario de partidos no Mundial de Antía Veiga, todos eles no campo 2 do Women's Football Complex de Rabat, é o seguinte:Luns 19 de outubro15:00 (hora local, 14:00 en Galicia): ESPAÑA - MÉXICOXoves 22 de outubro15:00 (hora local, 14:00 en Galicia): ESPAÑA - AUSTRALIADomingo 25 de outubro15:00 (hora local, 14:00 en Galicia): CHILE - ESPAÑA

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede