
DÉPOR · 2 AGOSTO 2026
AMATUCCI DESTACA DO CHOQUE ANTE O FC ST PAULI QUE "COMPETIMOS BEN OS 120 MINUTOS"
Lorenzo Amatucci atendeu aos medios de comunicación no mesmo céspede do Millerntor Stadio de Hamburgo.O mediocentro deportivista cre que o Dépor xogou "un moi bo partido. Fixemos moitas cousas moi ben e noutras temos que mellorar, como é normal neste momento da temporada".Destaca o futbolista italiano que "competimos ben os 120 minutos. Imos contentos por todo o partido".Ante dous rivais esta semana da Serie A italiana como a ACF Fiorentina (xoves 6 de agosto) e o Genoa CFC (sábado 8 de agosto), Amatucci sostén que "fixemos moi ben estes partidos. Falta menos para o comezo da liga. É normal que a esixencia sexa maior. Temos que dar un pasiño adiante".Finalmente, o futbolista branquiazul queda do choque ante o FC St Pauli con que "estivemos moi ben fisicamente, atopamos moitas veces a vantaxe, temos a capacidade de sufrir… Todos os futbolistas xogamos ben, competimos e isto é moi importante".

As Nosas concluíron este sábado 22 de agosto a última semana ...

O encerado, protagonista na preparación do Dépor para visitar...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Lucía Rivas: "Nótase tamén no campo que estamos moi unidas"

Intenso sábado de amigables en ANOSACANTEIRA con partidos en ...

Fin a unha esixente pero positiva pretemporada do Dépor ABANC...