
DÉPOR ABANCA · 24 SETEMBRO 2026
ALBERTO RODRÍGUEZ LEMBRA QUE "SUMAR DE 3 AXUDA SOBRE TODO Á CONFIANZA DO GRUPO"
Alberto Rodríguez admitiu na sala de prensa do Dépor Training Center tras o 0-3 logrado en Granada que "sumar de 3 axuda sobre todo á confianza do grupo; pero a min interésame máis sacar cousas positivas cando se perde e correccións cando se gaña".O técnico do Deportivo ABANCA recalca que este domingo 27 de setembro ás 18:00 (Dazn) ante o RCD Espanyol "estamos ante a primeira oportunidade de sumar 2 vitorias consecutivas, de dedicarlle a #ANOSAFORZA a primeira vitoria do ano... e imos por ela".Destaca dese primeiro triunfo ligueiro ante o Granada CF "como se deu, con ese inicio tan bo, que en partidos anteriores nos custara máis. Rapidamente puidemos poñer en práctica o plan de partido. Loxicamente, poñerse por diante ao final axuda a que o equipo se vaia soltando. Esa é a liña de traballo desta semana, por suposto cos matices do rival pero centradas en nós, en seguir pulindo aspectos do xogo que nos fagan máis imprevisibles e máis letais, e concederlle menos ao rival".Finalmente, do RCD Espanyol Alberto Rodríguez lembra que "leva moito tempo coa mesma adestradora, cun bloque de xogadoras tamén estable. É un equipo que rapidamente che busca as costas, ten un contra un por fóra... Entón, tratar de minimizar as situacións do xogo que a elas lles benefician, ir levando canto antes o partido ao noso terreo para que o noso equipo se sinta o máis cómodo posible".

O RC Deportivo presenta Samaín Branquiazul, unha visita guiad...

O Dépor prepara a visita ao Atlético de Madrid consciente da ...

Os abonados e abonadas xa poden adquirir a súa invitación obr...

Semana de dobre reto para As Nosas ante o Deportivo Alavés es...

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede